Una vez limpos os ollomoles, sálganse e se lles fai un par de cortes transversais.
Cúbrese con aceite de oliva unha fonte de forno e, posta ao lume, dourase nela a cebola cortada á xuliana.
Colócanse os ollomoles na fonte regándoos cun vaso de viño do Ribeiro branco.
En cada un dos cortes realizados previamente introdúcense uns taquiños de manteiga, bótaselles pan relado e colócanse sobre os ollomoles uns anaquiños máis de manteiga.
En cada corte pode introducirse una rodade limón.
Enfórnanse durante 45 minutos aproximadamente (dependendo do tamaño) a 160º-180º.