A orella de mar ou abalón (ten máis nomes pero estes son os máis coñecidos) é actualmente un dos mariscos máis apreciados.
Course Aperitivo, Primeiro prato
Cuisine Galega
Keyword abalón, orella de mar
Preparación 10 minutesminutes
Tempo de cocción 3 minutesminutes
Total Time 13 minutesminutes
Servings 1persoas
Calories 102.31kcal
Ingredientes
1orella de mar
1follaloureiro
sal
Instrucións
Coa axuda dunha culler ou espátula, retirar a carne da cuncha.
Cortar a parte da gónada e lavar ben a orella de mar para eliminar a area que poida ter.
Facer uns cortes en sentido vertical ao longo de toda a carne e logo en sentido horizontal para romper as fibras.
Cocer ao vapor durante 3 minutos (engadir unha folla de loureiro á auga) e servir de inmediato, cuns flocos de sal.
Video
Notes
A orella de mar ou abalón (ten máis nomes pero estes son os máis coñecidos) é actualmente un dos mariscos máis apreciados. Hai en todas partes, en Galicia a haliotis tuberculata, pero a variedade máis apreciada é a xaponesa, a haliotis discus hannai. Esta variedade é a que se cultiva na ría de Muros-Noia nunha granxa GMA (Acuicultura Mariña Galega) e é a que empregamos nesta receita.É un marisco cunha carne dura e correúda semellante á do polbo, polo que antes de cociñala hai que romper as fibras para facela comestible. Pódese utilizar para shashimi, ou facer con cocións curtas, ou cocións lentas a baixa temperatura.Nesta receita, sendo a primeira vez que a preparaba e probaba, optei pola máis sinxela, unha cocción ao vapor. E deixeino ao natural para pescudar a que sabía O resultado en canto á coción foi correcto pero en canto ao sabor, bastante decepcionante. Non me soubo a nada. Pero isto é unha apreciación persoal, estou segura que noutras receitas estará moi rico. Simplemente non entendo como é tan apreciado un marisco que, por si só, non sabe a nada Esperaba que fose saboroso como calquera outro dos mariscos máis típicos de aquí e moito máis saborosos sen necesidade de aditamentos.