Receita de pa de año ao forno. Como gornición, unhas patacas Hasselback
Course Prato principal
Cuisine Española
Keyword año, patacas
Preparación 25 minutesminutes
Tempo de cocción 1 hourhour10 minutesminutes
Total Time 1 hourhour35 minutesminutes
Servings 4persoas
Calories 338.79kcal
Ingredientes
1pa de año500 g
2pataca
½cebola
4cdaaceite de olivavirxe extra
allo en po
tomiño
sal
½vasoviño branco
romeu
manteiga
1grolobrandy
Instrucións
Sofrixir a cebola á xuliana en aceite de oliva.
Escoar, poñer sobre unha fonte de forno e reservar o aceite para regar a pa.
Adobar a pa con allo en po, tomiño e sal, e poñer sobre a cebola.
Regar co viño branco e o aceite reservado.
Preparar as patacas: poñelas, sen pelar, sobre unha lata de conserva vacía e cortar en rodas sen chegar abaixo de todo.
Colocar na fonte ao lado do año e aliñalas con aceite, sal, romeu e un anaco de manteiga.
Enfornar durante 30 minutos a 200ºC e darlle a volta á pa.
Logo de outros 30 minutos, tapar as patacas para que non se queimen, regar a pa cun pouco de brandy e colocarlle enriba uns anacos de manteiga.
Gratinar por ambos os dous lados.
Video
Notes
Como gornición prepararemos unhas patacas Hasselback, que se enfornan xunto co año.A receita das patacas Hasselback, procedente do restaurante sueco do mesmo nome, consiste en dar uns cortes profundos á pataca, sen chegar a cortala completamente, e aliñala ao gusto. O aliño penetra polos cortes e consegue unha textura crocante por fóra e tenra por dentro.