Refógase a cebola a lume moi lento e cando estea lista colócase sobre o fondo dunha fonte de forno.
Sobre a cebola colócanse os panchos, limpos e sazonados, e réganse con zume de limón, caldo de peixe, viño branco e o aceite co que se refogou a cebola.
Cúbrense con pan relado e enfórnanse a 180º durante 25 minutos.