Para facer o polbo á feira é recomendable utilizar un polbo conxelado pois así evitamos ter que mazalo e non nos arriscamos a que saia duro.
Course Aperitivo, Primeiro prato
Cuisine Galega
Keyword polbo
Tempo de cocción 22 minutesminutes
Tempo de repouso 20 minutesminutes
Total Time 42 minutesminutes
Servings 2persoas
Calories 341.45kcal
Ingredientes
500gpolbo
1cdapemento doce
1cdñapemento picante
2cdaaceite de oliva
sal groso
Instrucións
Unha vez desconxelado e lavado o polbo, poñer a ferver abundante auga sen sal (sálgase unha vez cocido).
Cando a auga está a ferver, e collendo o polbo pola cabeza, mergullalo tres veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel. Á cuarta vez deixalo na auga para cocer.
Cociñar entre 20 e 30 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
Unha vez cocido, retirar a pota do lume e deixar repousar un intre (10 a 15 minutos), escoar e cortar cunhas tesoiras.
O típico é servilo en prato de madeira, pero o importante é aderezalo con sal groso, aceite e pemento.
Dependendo do forte que o queiramos o pemento pode ser picante, doce ou unha mestura dos dous.
Video
Notes
Para facer o polbo á feira é recomendable utilizar un polbo conxelado pois así evitamos ter que mazalo e non nos arriscamos a que saia duro. A conxelación fai que rompan as fibras que son as que impiden abrandar o polbo. Podemos mercalo xa conxelado ou facelo nós mesmos, manténdoo así durante 2 ou 3 días. Unha vez desconxelado hai que lavalo, sobre todo para eliminar das ventosas dos tentáculos a posible area que poidan ter.Unha cousa importante é “asustalo” ao ir cocelo. O susto consiste en mergullalo na auga fervendo e sacalo tres veces. Á cuarta déixase na auga para cocelo. A razón de facer isto é que non solte a pel. Non sei se esta operación ten unha base empírica. Eu nunca cocín un polbo sen facelo así que non podo asegurar que sexa imprescindible.Outra cousa para ter en conta é que se pon a cocer en auga soa, sen sal, sen loureiro, sen cebola ou calquera outra cousa que se nos ocorra. O sal pónselle despois de cocelo, ao facer a receita.O pulpo á feira é o prato de polbo máis típico de Galicia. O de “á feira” venlle porque é así como o poñen en todas as feiras de Galicia.