Preparación de polbo ao Sochantre, unha receita orixinal de Picadillo
Course Primeiro prato
Cuisine Galega
Keyword marisco, polbo
Preparación 30 minutesminutes
Tempo de cocción 30 minutesminutes
Total Time 1 hourhour
Servings 4persoas
Calories 208.2kcal
Ingredientes
1polbococido
1cebolamediana
1pemento encarnado
1pemento verde
4tomate
4denteallo
perexilpicado
aceite de oliva
sal
pementa
Instrucións
Cortar o polbo cocido e reservar.
Nunha tarteira con aceite sofrixir a cebola e o allo picados. Salgar.
Cando empecen a abrandar incorporar os pementos troceados. Salgar.
A continuación, engadir os tomates pelados e moi picados. Engadirlles sal e un chisco de azucre (optativo).
Deixar cocer uns 10 minutos.
Cando a salsa estea lista engadir a pementa ao gusto, perexil picado e o polbo.
Deixar cociñar todo xunto, a lume lento, uns 5 minutos para que se integren ben os sabores.
Video
Notes
O Polbo ao Sochantre é unha receita que deu a coñecer Manuel María Puga e Parga, coñecido como Picadillo, no seu libro La cocina práctica (1905).Segundo relata, Picadillo era amigo do sochantre da Colexiata da Coruña. Un sochantre é, para quen non o saiban, o director do coro durante os oficios. Pois ben, parece que este bo cura cociñaba estupendamente e esta era unha das súas receitas. Con ela deleitou ao Sr. Puga durante unha invitación á súa casa e este incluíuna no seu libro.Baseado no orixinal de Picadillo