Esmiuzar a carne sobrante do cocido (chourizo, costela, lacón…) e reservar
Poñer a quentar a salsa de tomate.
Fritir as patacas.
Cando estea quente a salsa incorporar a carne esmiuzada e as patacas.
Remover con coidado mesturando ben. Deixar que se quente todo xunto uns minutos.
Servir.
Video
Notes
A roupa vella é, basicamente, o aproveitamento que facemos das carnes que sobran do cocido. Hoxe preséntovos unha receita moi saborosa e sinxela que facía miña nai cando eu era cativa. Consiste, simplemente, en esmiuzar as carnes, que poden ser lacón, costela, chourizo, rabo, tenreira, polo… Logo, fritir unhas patacas e servilo todo xunto con salsa de tomate, que pode ser natural ou de bote. No caso de sobraren tamén patacas cocidas, pódense cortar en anacos e fritir lixeiramente en lugar de facer patacas fritas novas. Garanto que está boísima. Aquí vos deixo a ligazón a outra receita de roupa vella