Córtase a carne en dados e ponse a dourar en aceite oliva coa cebola picada.
Unha vez dourada, cúbrese de auga e déixase cocer a lume lento ata que empece a estar tenra.
Entón engádense as cenorias, cortadas en dados, e déixanse cocer coa carne.
Logo de cinco minutos engádense as patacas (cortadas un pouco máis grandes que as cenorias), o tomate fritido, ourego ao gusto e unha pizca de azafrán.
Cando as patacas e as cenorias estean tenras incorpóranse os chícharos cocidos e o prato está listo para comer.