Dourase un allo en aceite para que este non saiba a cru e déixase arrefriar un pouco para non queimar o pemento doce.
Engádeselle unha cullerada de pemento e o vinagre, nunha proporción de 3 partes de aceite por 2 de vinagre.
Nunha cunca de barro colócanse, por capas, allo picado, follas de loureiro en anacos e o peixe, rebozado e fritido. Cúbrese todo coa mestura de aceite, vinagre e pemento.