Caramuxo
Din que os caramuxos son o marisco máis caro das costas galegas. Din esto polo seguinte: pesade un kilo de caramuxos nunha marisquería (non nunha balanza de precisión, xa ora). Despois os botades nunha pota con auga e unhas areiñas de sal. Xa cocidos, os escurrides e deixades enfriar. Para comelos colledes un alfinete co que facedes salta-lo opérculo córnea que pecha a cuncha herméticamente. Despois picade-lo corpo, que sae con facilidade, e o comedes.
Ó rematar collede-las cunchas e volve-las a pesar na mesma balanza. O peso, antes e despois, vai se-lo mesmo. Xa que logo, o caramuxo é o marisco máis caro.
Respiran mediante branquias, e comen as peqenas algas pegadas as rochas. Teñen varias especies semellantes, e colléitanse nas penas do litoral, coma as lapas (pero sen facer palanca nelas) cunha grade facilidade.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002