Polbo

PulpoO seu nome científico é Octopus vulgaris. O de Octopus refírese a que ten oito brazos arredor da boca. Todos estes brazos, grises coma o corpo e con manchas pardas son, en conxunto, máis longos que o seu corpo en forma de globo.

O polbo non ten cuncha, e a súa lonxitude chega a sobardar o metro e medio incluíndo os brazos. O seu peso, asegún o tamaño, pode chegar ós quince kilos, anque os máis sabrosos sobardan pouco a metade.

PulpoHai outros polbos semellantes a estes coma o salutti e o cabezón.

A reproducción dos polbos faise no inverno, cando se achegan ó litoral a carón das rochas. Nestas rochas as femias, fecundadas, depositan e fixan os ovos que nacen como han seren de adultos (pero en pequeno) ata chegar ó ano.

O polbo se alimenta ás noites de bivalvos (en grande cantidade), pequenos peixes, etc. que arrastran ás súas grutas. Polo día agachase nelas, protexéndose cos restos das presas.

© OLAF

Scroll ao inicio