Queixo de San Simón da Costa (D.O.P.)

Queso de San Simón da CostaO queixo de San Simón, de leite de vaca rubia galega saneada, que co do Cebreiro marca unha singularidade de formas dos queixos en Galicia, é propio de onde recibe o nome, e arredores, na provincia de Lugo.

Ten Denominación de Orixe, e do seu Regulamento salientamos que existen dúas especialidades. O “Queixo Ordinario” ten de 13 a 18 centímetros de altura cun peso, ó remate da madurez de 0,8 a 1,5 kg.. E o outro queixo chámase “Queixo Bufón” cunha altura de 9 a 12 centímetros e un peso, tamén ó remate da madurez, de 150 a 350 gramos.

Queso de San Simón da CostaO queixo de San Simón ten forma de pera ou cone, e o afumean con madeira de bidueiro (betula verrucosa). A súa corteza, relucente de cor castaña resúa un pouco de graxa e é dura pero elástica, coma a masa, entre branca e marela, suave e unha chisca aceda. A mestura desa acedume e do afumado é o que lle da o seu sabor orixinal.

É un queixo que se vai difundindo, ós poucos, na rede comercial.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio