Viño de Monterrei (D.O.)
O Consello Regulador define os viños de Monterrei coma “viños brancos lixeiros e tintos froiteiros, en conxunción harmónica coa terra”.
Considéranse dúas subzonas de Monterrei: o Val e a Ladeira de Monterrei.
Dos viños brancos coa cor de palla, sempre que teñamos a oportunidade de saborealos nun xantar, que eles fan bó, temos á nosa disposición o Monterrei e o Monterrei Superior. Pero acaece que se na mesa hai tintos, coa súa cor púrpura ou vermella-cereixa, dispomos das mesmas denominacións: Monterrei e Monterrei Superior.
Cambean as cepas, xa ora que, para os primeiros son Dona Branca, Godello e Treixadura. E Mencía e María Ardoña ou Bastardo para os tintos. En calquera caso estas son as variedades preferentes anque, coma sempre, autorízanse cepas complementarias como Palomino nos brancos, e Garnacha tintoreira ou Gran Negro nos tintos.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002