As ameixas teñen que lavarse ben deixándoas en auga con sal durante unhas horas para que solten as areas. A receita pódese facer con fabas xa cocidas en conserva, pero eu fíxena cocendo as fabas. Se o facemos así, hai que telas en remollo desde a noite anterior.
Course Prato principal
Cuisine Galega
Keyword fabas, marisco
Tempo de cocción 1 hourhour
Tempo de remollo 12 hourshours
Total Time 13 hourshours
Servings 4persoas
Calories 350.67kcal
Ingredientes
500gFabas con ameixas
1kgameixa
1cebola
2denteallo
1follaloureiro
2cdiñapemento doce
1cdafariña
4cdaaceite de oliva
Instrucións
Cocer as fabas da seguinte maneira. Cubrilas de auga fría e esperar a que ferva. Cando solten a escuma, escoalas, lavalas e volver poñer a cocer, tamén en auga fría e cunha folla de loureiro. A cocción levará de 30 a 40 minutos. Se fose necesario engadir máis auga, esta debe ser sempre fría. Escoar e reservar.
Nunha tarteira con aceite poñer a sofrixir os dentes de allo e a cebola, picados moi finos.
Cando estean sofritos, engadir o pemento, baixando o lume para que non se queime.
A continuación engadir unha cullerada rasa de fariña e sofrixir para que non saiba a cru. Isto evitará que a salsa quede moi augada.
Incorporar as ameixas e esperar a que se abran.
Por último engadir as fabas e mesturar ben, pero con coidado para que non rompan demasiado.
Apagar o lume, tapar a tarteira e deixar repousar uns minutos.
Video
Notes