Fabas con ameixas

Calories: 350.67kcal
As ameixas teñen que lavarse ben deixándoas en auga con sal durante unhas horas para que solten as areas. A receita pódese facer con fabas xa cocidas en conserva, pero eu fíxena cocendo as fabas. Se o facemos así, hai que telas en remollo desde a noite anterior.
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 500 g Fabas con ameixas
- 1 kg ameixa
- 1 cebola
- 2 dente allo
- 1 folla loureiro
- 2 cdiña pemento doce
- 1 cda fariña
- 4 cda aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Cocer as fabas da seguinte maneira. Cubrilas de auga fría e esperar a que ferva. Cando solten a escuma, escoalas, lavalas e volver poñer a cocer, tamén en auga fría e cunha folla de loureiro. A cocción levará de 30 a 40 minutos. Se fose necesario engadir máis auga, esta debe ser sempre fría. Escoar e reservar.
- Nunha tarteira con aceite poñer a sofrixir os dentes de allo e a cebola, picados moi finos.
- Cando estean sofritos, engadir o pemento, baixando o lume para que non se queime.
- A continuación engadir unha cullerada rasa de fariña e sofrixir para que non saiba a cru. Isto evitará que a salsa quede moi augada.
- Incorporar as ameixas e esperar a que se abran.
- Por último engadir as fabas e mesturar ben, pero con coidado para que non rompan demasiado.
- Apagar o lume, tapar a tarteira e deixar repousar uns minutos.
Nutrición
Calorías: 350.67kcal | Carbohidratos: 38.19g | Proteínas: 16.43g | Graxa: 15.33g | Graxa saturada: 2.17g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 11.25mg | Sodio: 227.38mg | Potasio: 561.33mg | Fibra: 13.92g | Azucre: 1.33g | Vitamina A: 620.99IU | Vitamina C: 3.02mg | Calcio: 112.41mg | Ferro: 4.1mg
