Fabas con ameixas

Fabas con ameixas

Prato: Prato principal
Cociña: Galega
Keyword: fabas, marisco
Calorías: 350.67kcal

Tempo de cocción: 1 hour
Tempo de remollo: 12 hours
Total Time: 13 hours
As ameixas teñen que lavarse ben deixándoas en auga con sal durante unhas horas para que solten as areas. A receita pódese facer con fabas xa cocidas en conserva, pero eu fíxena cocendo as fabas. Se o facemos así, hai que telas en remollo desde a noite anterior.
Persoas 4 persoas

Ingredientes

  • 500 g Fabas con ameixas
  • 1 kg ameixa
  • 1 cebola
  • 2 dente allo
  • 1 folla loureiro
  • 2 cdiña pemento doce
  • 1 cda fariña
  • 4 cda aceite de oliva

Instrucións paso a paso

  • Cocer as fabas da seguinte maneira. Cubrilas de auga fría e esperar a que ferva. Cando solten a escuma, escoalas, lavalas e volver poñer a cocer, tamén en auga fría e cunha folla de loureiro. A cocción levará de 30 a 40 minutos. Se fose necesario engadir máis auga, esta debe ser sempre fría. Escoar e reservar.
  • Nunha tarteira con aceite poñer a sofrixir os dentes de allo e a cebola, picados moi finos.
  • Cando estean sofritos, engadir o pemento, baixando o lume para que non se queime.
  • A continuación engadir unha cullerada rasa de fariña e sofrixir para que non saiba a cru. Isto evitará que a salsa quede moi augada.
  • Incorporar as ameixas e esperar a que se abran.
  • Por último engadir as fabas e mesturar ben, pero con coidado para que non rompan demasiado.
  • Apagar o lume, tapar a tarteira e deixar repousar uns minutos.

Nutrición

Calorías: 350.67kcal | Carbohidratos: 38.19g | Proteínas: 16.43g | Graxa: 15.33g | Graxa saturada: 2.17g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 11.25mg | Sodio: 227.38mg | Potasio: 561.33mg | Fibra: 13.92g | Azucre: 1.33g | Vitamina A: 620.99IU | Vitamina C: 3.02mg | Calcio: 112.41mg | Ferro: 4.1mg

3 from 1 vote (1 rating without comment)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio