Polbo ao Sochantre

Calories: 208.2kcal
O Polbo ao Sochantre é unha receita que deu a coñecer Manuel María Puga e Parga, coñecido como Picadillo, no seu libro La cocina práctica (1905).
Segundo relata, Picadillo era amigo do sochantre da Colexiata da Coruña. Un sochantre é, para quen non o saiban, o director do coro durante os oficios. Pois ben, parece que este bo cura cociñaba estupendamente e esta era unha das súas receitas. Con ela deleitou ao Sr. Puga durante unha invitación á súa casa e este incluíuna no seu libro.
Baseado no orixinal de Picadillo
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 1 polbo cocido
- 1 cebola mediana
- 1 pemento encarnado
- 1 pemento verde
- 4 tomate
- 4 dente allo
- perexil picado
- aceite de oliva
- sal
- pementa
Instrucións paso a paso
- Cortar o polbo cocido e reservar.
- Nunha tarteira con aceite sofrixir a cebola e o allo picados. Salgar.
- Cando empecen a abrandar incorporar os pementos troceados. Salgar.
- A continuación, engadir os tomates pelados e moi picados. Engadirlles sal e un chisco de azucre (optativo).
- Deixar cocer uns 10 minutos.
- Cando a salsa estea lista engadir a pementa ao gusto, perexil picado e o polbo.
- Deixar cociñar todo xunto, a lume lento, uns 5 minutos para que se integren ben os sabores.
Nutrición
Calorías: 208.2kcal | Carbohidratos: 12.35g | Proteínas: 20.34g | Graxa: 8.67g | Graxa saturada: 1.32g | Colesterol: 60mg | Sodio: 489.29mg | Potasio: 815.19mg | Fibra: 2.82g | Azucre: 5.53g | Vitamina A: 1994.58IU | Vitamina C: 82.73mg | Calcio: 89.21mg | Ferro: 7.25mg
