Salteado de espaguetes negros con beicon e gulas

Calories: 504.41kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 160 g espaguetes negros
- 100 g gula
- 100 g beicon
- 50 g allos tenros
- 2 dente allo
- 6 cda aceite de oliva
Instrucións paso a paso
- Cocer os espaguetes en moita auga con sal e un chorriño de aceite. Escoar, refrescar e reservar.
- Saltear os dentes de allo, fileteados, e os allos tenros, picados, en aceite de oliva.
- Cando estean case listos engadir o beicon troceado.
- Incorporar as gulas cando o beicon estea listo e sofrixilas pouco tempo para que non se pasen demasiado, sen deixar de revolver.
- Por último, engadir os espaguetes e mesturalos ben co resto dos ingredientes para que se integren os sabores.
- Servir e comer.
Nutrición
Calorías: 504.41kcal | Carbohidratos: 35.98g | Proteínas: 9.53g | Graxa: 34.41g | Graxa saturada: 6.58g | Graxa poliinsaturada: 0.03g | Graxa monoinsaturada: 0.03g | Graxa trans: 0.06g | Colesterol: 16.52mg | Sodio: 796.28mg | Potasio: 140.94mg | Fibra: 2.17g | Azucre: 1.2g | Vitamina A: 9.32IU | Vitamina C: 5.51mg | Calcio: 42.04mg | Ferro: 1.06mg
