Roupa vella #2

Calories: 630.51kcal
A roupa vella é, basicamente, o aproveitamento que facemos das carnes que sobran do cocido. Hoxe preséntovos unha receita moi saborosa e sinxela que facía miña nai cando eu era cativa. Consiste, simplemente, en esmiuzar as carnes, que poden ser lacón, costela, chourizo, rabo, tenreira, polo… Logo, fritir unhas patacas e servilo todo xunto con salsa de tomate, que pode ser natural ou de bote. No caso de sobraren tamén patacas cocidas, pódense cortar en anacos e fritir lixeiramente en lugar de facer patacas fritas novas. Garanto que está boísima. Aquí vos deixo a ligazón a outra receita de roupa vella
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 300 g carne de porco sobrante do cocido
- 2 pataca grandes
- 600 g salsa de tomate
Instrucións paso a paso
- Esmiuzar a carne sobrante do cocido (chourizo, costela, lacón…) e reservar
- Poñer a quentar a salsa de tomate.
- Fritir as patacas.
- Cando estea quente a salsa incorporar a carne esmiuzada e as patacas.
- Remover con coidado mesturando ben. Deixar que se quente todo xunto uns minutos.
- Servir.
Nutrición
Calorías: 630.51kcal | Carbohidratos: 53.35g | Proteínas: 33.59g | Graxa: 32.52g | Graxa saturada: 11.93g | Colesterol: 108mg | Sodio: 1668.78mg | Potasio: 2320.23mg | Fibra: 9.18g | Azucre: 14.41g | Vitamina A: 1313.76IU | Vitamina C: 64.01mg | Calcio: 85.56mg | Ferro: 6.04mg
