Follas de limón

Follas de limón

Prato: Sobremesa
Cociña: Española, Galega
Keyword: follas de limoeiro
Calorías: 105.28kcal

Preparación: 20 minutes
Tempo de cocción: 45 minutes
Tempo de repouso: 15 minutes
Total Time: 1 hour 20 minutes
As follas de limón son unha sobremesa tradicional galega moi propia da época do Entroido pero, por desgraza, está caendo no esquecemento. En realidade, as orellas de Entroido ou as flores son moito máis coñecidas. Na rexión de Murcia tamén as fan, se non o mesmo, practicamente, e chámanse "paparajotes".
Para preparar as follas de limón utilízanse as follas do limoeiro como soporte para a pasta. Aínda que menos empregadas, tamén funcionan as follas da laranxeira E as follas deben estar moi limpas e, ademais, moi secas para que a pasta quede ben adherida. Ollo! as follas non se comen.
Hai quen deixa as follas do limoeiro unha vez feitas pero prefiro quitalas canto antes para que non se reblandezan e non saian demasiado aceitosas.
Finalmente, con estas cantidades, saíronme 50 follas (40 no vídeo). A diferenza está só no tamaño das follas.
Persoas 10 persoas

Ingredientes

  • 200 g fariña
  • 250 ml leite
  • 2 ovo
  • 1 cda azucre
  • extracto de limón
  • 50 folla de limoeiro
  • aceite de oliva para fritir
  • azucre para empoar

Instrucións paso a paso

  • Cun batedor, mestura a fariña, o leite, os dous ovos, a cullerada de azucre e unhas pingas de esencia de limón, ata que se forme unha pasta fina.
  • Deixar repousar a pasta durante media hora
  • Mergullar as follas de limón na pasta e fritilas en aceite quente. Coidado coa temperatura do aceite pois, ao levar leite e azucre, a mestura pode se queimar axiña.
  • Escoar sobre un papel de cociña para eliminar o exceso de aceite, reitrar as follas de limoeiro (opciona) e empoar con azucre.

Nutrición

Calorías: 105.28kcal | Carbohidratos: 17.73g | Proteínas: 3.96g | Graxa: 1.85g | Graxa saturada: 0.77g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 35.24mg | Sodio: 23.66mg | Potasio: 66.57mg | Fibra: 0.54g | Azucre: 2.55g | Vitamina A: 88.02IU | Calcio: 36.19mg | Ferro: 1.09mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio