As fabas con xamón e tomate son unha receita moi sinxela, especialmente se empregamos fabas cocidas.
Course Prato principal
Cuisine Española
Keyword fabas, salsa de tomate, xamón
Preparación 10 minutesminutes
Tempo de cocción 25 minutesminutes
Total Time 35 minutesminutes
Servings 4persoas
Calories 282.5kcal
Ingredientes
300gfabas cocidas
1000gtomate
1cebola
200gxamón serrano
aceite de oliva
Instrucións
Dourar a cebola picada en aceite e engadir o tomate pelado e triturado. Sazonar.
Cociñar durante aproximadamente 15 minutos.
Engadir 1 vaso de viño e deixar evaporar o alcol.
Engadir o xamón cortado en anacos e as fabas, xa cocidas.
Cocer durante 2 ou 3 minutos e servir.
Video
Notes
As fabas con xamón e tomate son unha receita moi sinxela, especialmente se empregamos fabas cocidas. As fabas, en castelán "habas", coñécense tamén como "habichuelas", "judías blancas", "alubias"... En Galicia usamos normalmente o termo "fabas" e as "Fabas de Lourenzá" son famosas por ter Indicación Xeográfica Protexida. Con elas fixen esta receita.Como dixemos, a receita é moi sinxela se non temos que cocer as fabas. Así que o máis difícil sería facer a salsa de tomate. Animádevos a facer estas fabas con xamón e tomate que están deliciosas!Se queres saber como cociño fabas, podes ver o vídeo das Fabas con polbo.