Fabas con polbo

Fabas con polbo

Prato: Prato principal, Primeiro prato
Cociña: Española
Keyword: fabas, polbo
Calorías: 292.5kcal

Preparación: 20 minutes
Tempo de cocción: 1 hour
Total Time: 1 hour 20 minutes
As fabas, en castelán "habas", coñécense tamén como "habichuelas", "judías blancas", "alubias"... En Galicia usamos normalmente o termo "fabas" e as "Fabas de Lourenzá" son famosas por ter Indicación Xeográfica Protexida. Con elas fixen esta receita.
Para esta receita pódense empregar fabas e polbo xa cocidos, o que fai que a receita sexa moi sinxela. Neste caso cocín as fabas pero usei polbo cocido previamente.
Espero que vos guste.
Persoas 4 persoas

Ingredientes

  • 300 g fabas
  • 300 g polbo cocido
  • 1 pemento encarnado
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 tomate
  • 2 cdiña pemento doce
  • auga ou caldo de cociñar o polbo
  • 3 cda aceite de oliva
  • sal

Instrucións paso a paso

  • Cocer as fabas (remolladas a noite anterior se non están tenras) en auga fría. Cando empecen a ferver e solten a escuma, botamos a auga. Volver poñelas a cocer con auga fría (mesturada co caldo de cocer o polbo) e sal.
  • Se, a medida que as fabas cocen, quedan curtas de auga pódese engadir máis, pero sempre fría. Tardarán unha hora aproximadamente.
  • Mentres cocen as fabas, cortar en cubos moi pequenos as verduras: cebola, pementos e tomate.
  • Cortar o polbo (cunhas tesoiras) e reservar.
  • Cando as fabas estean case listas, empezar a facer o rustrido
  • Nunha tarteira con aceite dourar a cebola.
  • A continuación engadir os pementos (vermello e verde) e cando estean case listos, incorporar o tomate.
  • Cando o rustrido estea listo, engadir o pemento doce e refogar ben con coidado de que non se queime.
  • A continuación incorporar as fabas e remover con coidado de que non rompan. Se é necesario, engadir un pouco de caldo.
  • Por último engadir o polbo e mesturar ben.

Nutrición

Calorías: 292.5kcal | Carbohidratos: 28.31g | Proteínas: 18.64g | Graxa: 12.12g | Graxa saturada: 1.76g | Colesterol: 36mg | Sodio: 178.45mg | Potasio: 825.38mg | Fibra: 10.2g | Azucre: 4.29g | Vitamina A: 2025.95IU | Vitamina C: 73.87mg | Calcio: 107.53mg | Ferro: 6.4mg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio