Chulas – Fritos de tenreira

Calories: 287.4kcal
Esta receita é un xeito diferente, orixinal e moi saboroso de comer tenreira. Podes usar outros recheos como chourizo, bacallau e todo o que se che ocorra.
Servings 5 persoas
Ingredientes
- 350 g fariña
- 5 g fermento
- 3 ovo
- 300 g carne de tenreira
- sal
- 300 cc auga
- sal de allo
- aceite de oliva para fritir
Instrucións paso a paso
- Nun bol mesturar a fariña e o fermento e remexer.
- Engadir o sal e a auga e bater co batedor.
- Engadir os 3 ovos e bater ata obter unha pasta semilíquida uniforme. Deixar repousar durante 15 a 30 minutos.
- Mentres repousa, picar a carne moi pequena e sazonar con sal de allo.
- Engadir a carne á pasta e remexer para mesturar ben.
- Fritir culleradas de pasta en aceite de oliva, ata terminala.
Nutrición
Calorías: 287.4kcal | Carbohidratos: 53.58g | Proteínas: 10.1g | Graxa: 2.85g | Graxa saturada: 0.82g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 84.82mg | Sodio: 743.54mg | Potasio: 106.36mg | Fibra: 1.89g | Azucre: 0.27g | Vitamina A: 123.12IU | Calcio: 449.13mg | Ferro: 3.65mg
