Unha vez limpo e vaciado o polo, sazónase, méteselle dentro o medio limón, e colócase nunha fonte de forno, regándoo con aceite de oliva e medio vaso de ribeiro branco.
Ásase a forno medio/alto durante 1 hora aproximadamente, dándolle a volta varias veces para que se doure ben por todas partes e regádoo de cando en vez co preve que se forma co viño, o aceite e o propio xugo que vai soltano o polo.
Cando o polo estea asado, retírase e colócase a fonte no lume, engadíndolle o resto do viño.
Ráspase ben o fondo da fonte para aproveitar a parte torrada e déixase reducir un pouco.
Sérvese con patatas fritidas e o preve nunha salseira.