Polo asado ao Ribeiro

Calories: 226.24kcal
Servings 4 persoas
Ingredientes
- 1 polo
- 1 vaso viño branco do Ribeiro
- aceite de oliva
- sal
- ½ limón
Instrucións paso a paso
- Unha vez limpo e vaciado o polo, sazónase, méteselle dentro o medio limón, e colócase nunha fonte de forno, regándoo con aceite de oliva e medio vaso de ribeiro branco.
- Ásase a forno medio/alto durante 1 hora aproximadamente, dándolle a volta varias veces para que se doure ben por todas partes e regádoo de cando en vez co preve que se forma co viño, o aceite e o propio xugo que vai soltano o polo.
- Cando o polo estea asado, retírase e colócase a fonte no lume, engadíndolle o resto do viño.
- Ráspase ben o fondo da fonte para aproveitar a parte torrada e déixase reducir un pouco.
- Sérvese con patatas fritidas e o preve nunha salseira.
Nutrición
Calorías: 226.24kcal | Carbohidratos: 2.24g | Proteínas: 3.89g | Graxa: 17.98g | Graxa saturada: 2.52g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 11.36mg | Sodio: 1186.83mg | Potasio: 118.69mg | Fibra: 0.2g | Azucre: 0.76g | Vitamina A: 6.92IU | Vitamina C: 4.05mg | Calcio: 9.07mg | Ferro: 0.38mg