Caracois guisados

Calories: 786.48kcal
Servings 2 persoas
Ingredientes
- 800 g caracois cocidos
- 100 g touciño entrefebrado
- 1 chile
- 1 cebola
- 4 dente allo
- 1 cda pemento chouriceiro
- 1 cda fariña
- 1 cdiña perexil picado
- 1 vaso viño branco
- 1 vaso auga
- 1 cda aceite de oliva
- 1 noz manteiga
- sal
Instrucións paso a paso
- Cun pouco de manteiga e aceite refogamos o allo e a cebola picados, o touciño entrefebrado troceado e o perexil.
- Logo engadimos a carne do pemento chouriceiro e, ao final, a cullerada de pemento doce xunto cunha cullerada de fariña para espesar a salsa.
- Regamos co viño branco e o caldo de ave ata lograrmos a textura desexada para a salsa.
- Por último, engadimos os caracois, que deixamos quentar a lume baixo durante uns minutos.
Nutrición
Calorías: 786.48kcal | Carbohidratos: 21.03g | Proteínas: 71.94g | Graxa: 34.59g | Graxa saturada: 10.37g | Graxa trans: 0.15g | Colesterol: 238.38mg | Sodio: 2970.06mg | Potasio: 1811.03mg | Fibra: 0.85g | Azucre: 3.48g | Vitamina A: 568.21IU | Vitamina C: 4.64mg | Calcio: 72.98mg | Ferro: 14.96mg