Picar os allos moi miúdos e poñelos nun bol pequeno
Engadir perexil picado ao gusto e dous ou tres culleradas de aceite de oliva.
Remover e reservar.
Nunha prancha (se non temos utilizaremos unha tixola bastante grande), co aceite xusto para que non se peguen fanse as volandeiras por ambos os lados. O punto é ao gusto.
Xusto antes de quitalas bótase a salsa que deixaramos preparada e deixámola ata que se doure o allo (que é practicamente de inmediato) mesturando coas volandeiras.
Apártase do lume a tixola e colócanse as volandeiras nas súas cunchas. Por encima vérteselles a salsa.
Video
Notes
Esta receita serve para as zamburiñas. De feito nos restaurantes dannos volandeiras cando nos menús aparecen zamburiñas. Para ver a diferenza podes premer nesta ligazón de Zamburiña.Por suposto, antes de empezar a cociñar, hai que lavalas ben e quitarlles unha telilla negra que teñen. A min sempre se me soltan das cunchas no proceso.