Volandeiras á prancha

Volandeiras á prancha

Prato: Aperitivo, Primeiro prato
Cociña: Española
Keyword: allo, ferro, perexil, volandeira, zamburiña
Calories: 181.31kcal

Preparación: 30 minutes
Tempo de cocción: 8 minutes
Tempo total: 38 minutes

Esta receita serve para as zamburiñas. De feito nos restaurantes dannos volandeiras cando nos menús aparecen zamburiñas. Para ver a diferenza podes premer nesta ligazón de Zamburiña.
Por suposto, antes de empezar a cociñar, hai que lavalas ben e quitarlles unha telilla negra que teñen. A min sempre se me soltan das cunchas no proceso.

Servings 4 persoas

Ingredientes

  • 500 g volandeiras
  • 2 dentes de allo
  • 1 cdña perexil
  • 3 cdas aceite de oliva

Youtube video

Instrucións paso a paso

  • Picar os allos moi miúdos e poñelos nun bol pequeno
  • Engadir perexil picado ao gusto e dous ou tres culleradas de aceite de oliva.
  • Remover e reservar.
  • Nunha prancha (se non temos utilizaremos unha tixola bastante grande), co aceite xusto para que non se peguen fanse as volandeiras por ambos os lados. O punto é ao gusto.
  • Xusto antes de quitalas bótase a salsa que deixaramos preparada e deixámola ata que se doure o allo (que é practicamente de inmediato) mesturando coas volandeiras.
  • Apártase do lume a tixola e colócanse as volandeiras nas súas cunchas. Por encima vérteselles a salsa.

Nutrición

Calorías: 181.31kcal | Carbohidratos: 4.48g | Proteínas: 15.17g | Graxa: 11.12g | Graxa saturada: 1.61g | Graxa poliinsaturada: 1.27g | Graxa monoinsaturada: 7.72g | Graxa trans: 0.01g | Colesterol: 30mg | Sodio: 490.48mg | Potasio: 262.51mg | Fibra: 0.03g | Azucre: 0.01g | Vitamina A: 5.99IU | Vitamina C: 0.5mg | Calcio: 10.36mg | Ferro: 0.56mg


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio