Viño da Terra de Betanzos (I.X.P.)
Na ubérrima zona de Betanzos, na provincia de A Coruña, temos unha pequena extensión de viñal armado baixo.
Trátase dun viño verde, de consumo local, branco ou tinto e de moi pouca graduación. Pero como ademais de lixeiro é afroitado e refrescante, déixase beber moi ben. Tan ben se deixa beber, que hai que termar da cantidade que un devece, por mor de mante-la verticalidade.
Nas bodegas da cidade, xúntanse a beber os amigos cando se abre a tempada. Se recomenda visitar Betanzos no segundo fin de semana do mes de maio. Entón o viño é o potagonista, e debemos deixa-lo extraordinario augardente para outra oportunidade.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002