Licor café (I.X.)

O licor café, que debe facerse coa nosa clásica “caña” é tradicional en Galicia como o é, tamén, pero uns séculos máis “vello”, o augardente de herbas. Enténdese que, primeiro, houbo de espallarse no noso medio rural o consumo do café coma infusión. Co licor café se fixeron unha morea de experiencias que deron orixe a outras tantas receitas, cáseque todas elas “secretas”. Houbo, e aínda hai, quen incorpora, non só mondas de limóns e de laranxas, senón outras froitas, alcohol puro, vodka e mesmo güisqui. Algunhas destas fórmulas, non tan requintadas, se comercializaron estendendo de parte a parte o coñocemento e aprezo deste licor.

A fórmula máis sinxela non é nada secreta, xa ora, senón que se trata dunha composición a base de augardente, de moi bó café, ben moído, e de azucre. Esixe un tempo de maturidade e coado.

Admito que, coa aparición do café-café soluble, pode reducirse o tempo de reposo e coado posterior, obtendo así un licor feito coma caldo de ladros, parecido ó auténtico, que poden tomar os máis desacougados.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio