Orujo de Galicia / Augardente de Galicia (I.X.)
As augardentes galegas, de 37,5% vol. ao 50% vol. de alcohol (asegún sexa envellecida ou non), teñen unha Indicación Xeográfica que as protexe. Son o resultado da destilación dos bagazos das uvas galegas e teñen un intenso aroma que, ás veces, serve para sospeitar unha orixe distinta, ou mesturada con destilados de videiras americanas. A Indicación fala de “Orujo”, anque xa sabemos que é o bagaño ou augardente, xeneralizada a súa obtención na totalidade da Comunidade Autónoma Galega. Algúns din: “mal viño, bó augardente”, o que non é certo. Acaece que onde se obtén un viño de pouca sona, pola súa pequena produción e consumo somentes local, como a súa totalidade non é consumida “in situ”, o alleo que ten a posibilidade de catalo, pásmase da súa calidade. Esto lle pasa á augardente de Betanzos ou do Ulla, por exemplo. Queremos sinalar que, ás veces, atópanse augardentes envellecidas en tascas ou en casas particulares, dunha cor escura, acaramelada, e que asegún o envase onde envellece (xeneralmente de carballo, pero hai mais continentes axeitados), permite saborear un licor que faría as nosas delizas.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002