Meixón – Anguía

AngulaOs meixóns, un dos productos típicos de Galicia agachan o misterio da súa bioloxía. Son meixóns, sí, cando chegan as nosas costas, das que sairon as súas nais, e ás que volven sn saberen por qué nen cómo, pero para constituir un prato típico das costas galegas coma primeiras receptoras das que consiguen atravesa-lo Atlántico, que percorren a mil millas por ano.

Este prato, posteriormente, fíxose famoso nas provincias vascongadas, adquirindo alí fama, anque o seu prezo faino inantenxible para moitas economías.

Os meixóns. despois, introdúcense na terra polos regatos e acrescentan o seu tamaño, e viven nos rios ata transfigurarse en anguías, tamén obxecto dunha esquisita cociña galega. Máis tarde, atinxen o mar e e comezan a súa singradura cara o Mar dos Sargazos. Alí desovan e morren. A súas crías, os meixóns, tornan ó lugar de onde as súas nais escomezron a súa derradeira viaxe.

Hoxe cáseque poderiamos asegurar que os meixóns tornan soio aproximadamente ó lugar de onde saíron as súas nais, porque o home está a modificar constantemente o perfil das costas e a foz dos rios, con independencia de que a crecente polución das auguas merme a poboación de meixóns.

Eu degoiro os meixóns (hoxe transformados nalgures en “gulas”, feitas de carne de peixe e tinta de calamar) e as anguías, preparadas unhas e outras asegún a xeito de cada comarca. Pero o que non deixo para que coman outros, é la pel tostadiña da anguía.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio