Boi bravo
O boi bravo (Calappa granulata) é un cangrexo desemellante a todos. En Galicia é un cangrexo autóctono galego… polo de agora, ata que veña conxelado de algures. Entón, será chegada a hora de estremar entre tódalas subespecies que poida haber.
Pode chegar a ter ata dezaséis centímetros de anchura de carcasa, sendo de dez centímetros a anchura mínima legal da mesma. Tamén é desbarbado e de cor avermellado escuro, e gosta pasarlle a man polo lombo…xa cocido, claro, porque ten duas pinzas, de carne deleitosa coma todo el, coas que non se pode xogar. Para atopalo temos que irmos a profundidades de cincocentos ou máis metros. Unha peza de un quilo é unha moi boa peza.
Niguén pode marchar de Galicia sen cata-lo cangrexo real quen, por outra banda, se atopa nos mercados nos meses do vrán, xustamente cando está en veda a centola e cando máis visitantes ten a Comunidade Galega, o que facilita a eleizón.
Prepárase moito en salpicón aínda que, para degustalo, ó meu xuicio, abonda cocelo ó redor de vintecinco minutos asegún o peso deste saboroso decápodo.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002