Centola

CentollaA centola (Maja squinado) é coma unha araña lixeiramente ovoide, enorme, e de caparazón vermello, forte e calcáreo. Pola banda máis estreita, onde ten a boca, ten un par de pinzas fortes de tres artellos e, simetricamente, veñen outros catro pares de uñas artelladas. Tódolos apéndices están cheos de carne, así coma todo o corpo da centola.

As femias, denantes da posta, téñenna dentro, de color vermella e que chamamos corales, dun sabor mariño intenso e agradable. Os machos, xa ora, non teñen corales.

CentollaPor certo que a centola ten un abdomen pequeño, na parte de abaixo, que permite estremar as femias dos machos. Os machos o teñen triangular e estreito. As femias, oval e ancho.

Coma crustáceo que é, a centola muda o seu esqueleto e, despois, se afunde na area ata que o novo endura. E despois da muda é cando as femias se aparean.

Non sei quen foi o primeiro que tivo o valor ou a fame para coller un destes animais de aspecto pouco amistoso (e menos se lle pon un dedo entre as pinzas, anque son máis fortes as do lumbrigante) pero o premio de risco mereceu a pena pola rica carne de que está chea.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio