Empanada

Empanada de bonito”Saco la mía – dijo Sancho – , que yo a aquel arroyo me voy con esta empanada, donde pienso hartarme por tres días, porque he oído decir a mi señor Don Quijote que el escudero de caballero andante ha de comer cuando se le ofreciere, hasta no poder más,…”
(Parte I – Cap. 50 de Don Quijote de La Mancha).

”Y, levantándose, volvió desde allí a un poco con una gran bota de vino y una empanada de media vara, y no es encarecimiento, porque era de un conejo albar tan grande, que Sancho, al tocarla, entendió ser de algún cabrón, no que de cabrito”.
(Parte II – Cap. 13 de Don Quijote de La Mancha).

Da empanada galega de hoxe en día pouco se pode dicir, como non se poña un a falar das receitas usadas para face-las mesturas que enchen o pan normal, ou o pan follado que as pecha.

Coido que vin empanadas cos máis variados mexunxes que se poidan imaxinar. Pero deixando de lado a cebola, sempre presente con carnes e peixes, xamais vin unha de verduras e hortalizas que levara leituga, tan común agora nos “emparedados”. A razón está, lóxicamente, no forno.

Empanada de berberechosA orixe da empanada galega sitúase a partires do século X. Hai representación pétrea dela no Pazo de Xelmírez e no Pórtico da Gloria e, para merecela, suponse que xa entón (polo século XIII) era tradicional nos lares galegos.

Non hai que ter moita imaxinación para meter carne ou peixe, cebola, pementos e o que se tivera á man, nunha bola de pan que vai ó forno. Co tempo, este condumio foise definindo, asegún as terras, con receitas que pasaron dunha xeración a outra, sempre mellorándose.

Algures, postas na mesa para comer varias empanadas de distintos mexunxes, quítanlle a todas elas o pan de enriba (a “coroa”) e fanse racións co resto para os comensais. Este xeito de presenta-las empanadas lembra ás “pizzas” italianas. O parentesco é evidente.

A empanada, desto ou daquelo, é un dos pratos tradicionais galegos.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio