Lamprea
A lamprea adulta é coma unha serpe grosa e viscosa, de forma anguiliforme e cunha ventosa como boca, cunha morea de dentes cos que se fixa ós animais para manterse do seu sangue. É o chamado Petromyzon marinus, con sete aberturas branquiales de cada lado.
A lamprea (coma os outros ciclóstomos) pode ser fluvial ou mariña, nace nos ríos , e pasados ben os catro anos baixa ó mar ata acada-la sexualidade. Entón remonta o río para desovar, pero entón xa ten, a lo menos, un metro e pesa máis dun kilo. Despois de desovar, morre
Deben pescarse con nasas, e anque despareceron de moitos ríos, por mor do furtivismo, poden atoparse aínda nalgúns deles, como en Padrón ou no Miño.
A mín góstame a súa carne dura e, sobor de todo “á bordalesa”, guisada no seu sangue e cuns anaquiños de pan fritidos. Tampouco rexeito a empanada de lamprea que escasea cada vez máis.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002