Longueirón
O “longueirón” é curmán da navalla (pola forma parella que ten con ela, vexan vostedes o artigo “navalla“) pero vive soterrado na area fina a unha meirande profundidade que o seu parente, ata varias decenas de metros, e soe collerse con fisgas ou angazos remolcados.
A súa forma é coma a da navalla, pero o longueirón ten os currunchos arredondeados e, ademais, os lados non curvados, o que serve para estremalo da navalla.
A cuncha é branca tirando a crema, e o interior tamén o é. Esta cuncha é máis fráxil cá da navalla e pode chegar a ter ó redor dos trinta centímetros.
O seu nome científico é “Ensis siliqua” ou “Solen siliqua”, e consúmese en fresco e tamén en conserva cun sabor exquisito.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002