Mexillón de Galicia (D.O.P.)

Mejillón de Galicia O mexillón, moi abundante en Galicia, é un bivalvo co vértice descentrado e coas dúas marxes da cuncha diferentes. Externamente é mouro, e ás veces púrpura ou marrón. A traveso das súas branquias poden pasar ata oito litros de auga por hora, retendo l as partículas procedentes de residuos de susutancias orgánicas, do fitoplancton e do zooplancton. Como non ten fermentos no tubo dixestivo, velaí a comenencia de depuralos denantes de comelos. Con abrilos ó vapor xa se poden utilizar, ben direitamente ou argallando un prato a base deles. Os que fiquen pechados hai que rexeitalos.

En Galicia, dende o ano 1946 (máis de medio século) os mexillóns se cultivan en bateas (bastidores de madeira dos que penduran cordas onde se crían). As primeiras bateas se instalaron derriba de cascos de barcos vellos e ó abrigo das rías.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio