Melindres

Melindres
Iscream icecream, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons

Os melindres son, normalmente, rosquillas moi pequenas ás que se lles da brillo e lucimento (ademais de acrece-lo seu sabor doce) con xarope, no ponto xusto que o reposteiro ou panadeiro saben. E non hai máis: améndoas, fariña, leite, con ovos ou sen eles, anís ou mel (en Silleda), etc.

Dos melindres de sona, non se agacha a súa maneira de facelos, pero supomos (ou queremos supor) que teñen segredos que os fan máis saborosos. Abofé que os de sona teñen algo singular e se nota.

Os segredos poden estar na masa coa que se fan as rosquilliñas (ás que, a miudo, se lles da outras formas), ou no xarope con que se lustran. Pero supoño que o verdadeiramente importante, son as mans e a sabedoría do artista.

De moita sona son os melindres de Melide e os de Pontedeume. Estes coido que levan máis ovos, pero pode que sexa, somentes, unha apreciación persoal. Os de Allariz (hai poucas terras como esa) non teñen fariña e a sustitúe a améndoa moída. E os de Ponteareas teñen a particularidade de mestura-la fariña cun pouco de améndoa partida. Hainos, tamén, de manteiga.

Os sinalados non son, como poden comprender, os soios melindres que se fan en Galicia, pero coido que co devandito, os que aínda non os coñezan, daranse una idea do que se perden.

Inda que o mellor no é te-la idea, senón comelos.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio