Torta de Santiago (I.X.P.)

Tarta de Santiago Da torta de Santiago, que axiña cumprirá dous séculos, se non os fixo xa (¡quén lla dera ós primeiros pelegríns!), podemos dici-lo fundamental: que leva a cantidade xusta de améndoa, que lle da ó interior esa cor marela torrada característica, e o seu sabor intenso.

Despois xa se sabe: uns pensan que debería levar máis ovos, outros máis azucre, e así seguen coa manteiga, a canela e as raspas de limón. Sei de quen, na súa casa, fai experiencias engadíndolle licores, e mesmo ¡pistachos! moídos, pero xa non é tarta de Santiago, claro.

Porque eso ten de moi bó a Torta de Santiago: ó remate todas elas saben o mesmo de ben ou con pequeniñas desemellanzas. E tanto falo das artesanais coma das industriais.

É a torta de Santiago, redonda e baixa, a máis sonada de Galicia e tamén moi apreciada e solicitada en toda España, porque á xente góstalle non só a torta senón que sempre saiba igual.

A esta lambetada non lle falla endexamáis, coma adorno, unha Cruz de Santiago, que se fai de papel, colócase derriba da torta e despois, toda ela, empóase de azucre moído co que, o retira-lo papel, queda dibuxada a Cruz.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio