Santiaguiño

SantiaguiñoEu coido que dentro da familia das lagostas e espécimes parellos, o Santiaguiño, ó que nomean Scyllarus arctus é, para mín, o rei de todos eles, a pesares de non ter máis de dez centímetros de tamaño.

Chegan a chamarlle llagosta, cigarra de mar, cigala, asegún as linguas, e vive nas rochas con fango ata os 50 metros de profundidade. Eu non quero entrar en discusión encol deste crustáceo, que ten un caparazón algo máis longo que ancho e convexo na súa parte central.

Na ventral temos un retrato biolóxico do Apóstolo Santiago. O que, dándolle a volta a un Santiaguño non atopa, nas súas liñas coriáceas, a imaxe do Apóstolo da Catedral de Santiago, ou non ten imaxinación, ou non ten fé ou, sinxelamente, é un pouco parvo.

A súa carne é das máis apreciadas na gastronomía galega.

Ten especies semellantes pero, asegún din, sen o permiso do Apóstolo.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio