Torta de Portomarín
A Torta de Portomarín, da provincia de Lugo, é un bó postre, e senta moi ben nunha merenda acompañada dunha chiculatada. Descoñécense as orixes, pero se sabe que xa a facían no século dezaoito.
É unha torta de paladar fino que, sobor dunha base de follado nun molde que ha ir ó forno, engádese a mestura de améndoa moída, fariña, ovos e azucre.
É un pouco parecida á de Santiago e, ás xeiras, lle poñen a mesma Cruz ó empoala con azucre moído. Esto faise na pequena produción industrial que existe, aínda que se mantén a produción artesanal, do mesmo xeito de sempre, nunha medida imposible de estimar porque é de consumo local preferentemente.
Ó mordela, crepita un pouco, pero o interior é suave e esponxoso.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002