Torta de Mondoñedo

Tarta de MondoñedoPódese dicir que a Torta de Mondoñedo ten de todo, ou pouco menos. Xa que logo, é de non doada feitura porque, asegún a altura á que estemos comendo nela, ten un sabor ou ten outro, porque ten unhas cousas ou ten outras. Coido que nesta variedade radica o seu meirande feitizo. Ademais da súa orixe medieval que sospeitaba Cunqueiro.

A torta de Mondoñedo que, no seu remate ten adornos de tiras do follado co que comeza a configurarse, está constituída por tres andares e o baixo, de sabores distintos. Ás veces o edificio chega a pesar catro kilos.

O baixo é unha pasta máis ou menos follada, e o primeiro andar o forma a doce e enxaropada cabeleira da “cidra cayote”: o cabelo de anxo. O outro andar é de biscoito borracho enxaropado e escoado, e o terceiro ten a améndoa partida e cocida en xarope, tamén con cabelo de anxo. Adornos de tiras de follado forman o tellado (que se protexen no forno) e, cando está feito, embébese dun forte xarope e arrodéase de froitas confitadas, figos, anacos de peras, cereixas, etc. ou escarchadas e con máis xarope. Xa comprenderán que esto non é unha receita senón un esbozo.

Os amantes do doce non diabéticos teñen unha cita en Mondoñedo, que espera por eles. Atoparán a tarta en calquera das súas confeitarías.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio