Tenreira galega (I.X.P.)
A terneira (cuxa ou vitela) galega ten unha Indicación Xeográfica protexida.
Endemáis de por ser un producto típico galego, convén falar dela porque a carne de vitela galega é allea a todo o batifundio que xurdiu coa cousa das vacas tolas que, endexamais en Galicia, onde somentes se vende a carne de terneira ou, se cadra, de xuvencas, tivo trascendencia para os consumidores.
Emporiso, convén lembrar o que é terneira/o e o que é xuvenca/o, que maiormente se venden nas carnicerías galegas. Vaia coma unha mensaxe breve e tranquilizante.
Pois ben, a terneira é un animal criado para carne que se sacrifica cun máximo de dez meses. E os gandeiros estreman entre animais non destetados deica o seu sacrificio, e os animais destetados ós dous meses ou algún máis.
O xuvenco, ou becerro, ten cáseque sempre un ano cumprido e sacrificase deica os dezaoito meses. Xa que logo, ningún destes animais, terneira e xuvenco, chega ós dous anos cando vai ó matadoiro.
Tamén temos de salienta-los cebóns, animais que en algures son moi avaliados, anque a meirande parte deles son destinados á exportación. Estes exemplares son sacrificados entre os dezaoito e trinta meses.
A denominación de orixe protexida, somentes protexe ó gando da raza rubia galega ou da chamada morena do Noroeste, os cruzamentos entre elas, e tamén os cruzamentos de primeira xeneración de machos destas razas, inscritos nos Rexistros correspondentes, con femias das razas frisona e pardo alpina.
Rematemos dicindo que a mantenza, condicións de transporte ó matadoiro, sacrificio, despezado e manexo das pezas están regulamentados e vixiados “in situ” polo Consello Regulador.
© OLAF – 10 de Decembro de 2001