Viño do Ribeiro (D.O.)
É, se cadra, o viño máis coñecido de Galicia polo mundo adiante. Declarado como Producto Galego de Calidade dende 1983, defínense os viños do Ribeiro (e os seus parentes próximos) coma viños novos, lixeiros e con aromas froitosos.
O Ribeiro de Avia procede de cepas brancas de Treixadura, Palomino, Torrontés e, tamén, Godello.
Os viños procedentes de cepas tintas de Ferrón, Caíño, Garnacha tintoreira, Mencía, etc. son moi tintos (manchan a cunca), con corpo, ricos en taninos, ácidos e de 11º alcohólicos. Dada esta riqueza, convén a cautela na mesa.
A capital do Ribeiro é Ribadavia, pero tamén pertencen a esta denominación os viños doutros concellos coma Arnoia (a dos pementos), Leiro, Castrelo de Miño, etc.
Noutros tempos, por mor da demanda de viño do Ribeiro en toda Galicia e fóra dela, as veces se bebía nun ano, sen saír da provincia de Ourense, máis de tres veces a colleita correspondente, para o que traían uvas de Toro ou Cacabelos, poño por caso, e se “arribeiraban”. Hoxe, a vixiancia non permite estas alegrías
© OLAF – 10 de Decembro de 2002