Zamburiña
A zamburiña (Chlamys varia) parécese, en pequeno, á vieira, aínda que poderíamos dicir que é dabondo mais pequena e nin sequera son da mesma familia, vivindo esta especie ata oitenta metros de profundidade. A súa cuncha podería ser o símbolo xacobeo dun cativo. Algúns din que o seu saibo é mellor que o da vieira. Para mín sonvos cousas distintas e, dito doutro xeito, estremo a zamburiña da vieira coma o touciño da freba, e adoro o touciño e a freba.
A zamburiña esixe na cociña, coma toda a mantenza, unha grande limpeza e rexeita-las beiras das valvas (para non destraga-lo saibo do prato), non somentes cando se usan para o consumo direito, senon na feitura das clásicas empanadas.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002