Ameixa fina

Chámase así á Venerupus ( ou Venus) decussata. É unha especie bivalba, máis ou menos ovalada, co umbo na metade superior da cuncha.

Cando na última guerra mundial os aliados afundiron un petroleiro nas costas próximas a Sta. Marta de Ortigueira, violando o espacio español, recolleuse unha boa parte do petróleo e eu fun u dos cativos que fixeron a limpeza

Pois ben, ó ano seguinte o mar dixerira o resto do petróleo e ó ano seguinte acadáronse ameixas de nove e máis centímetros de tamaño. O mesmo sucedeu cos berberechos e outro tipos de bivalbos.

Cando un vai ás ameixas, elas cuspen dous chorros de auga (soio un os berberechos) polos seus sifóns, e dese xeito sábese que alí, soterrada na area, hai unha ameixa e non un berberecho.

Cando a baixamar é completa, somentes pódense colleitar con rasquetas dende embarcacións. A veda estabelécese dende o un de marzal ata o un de outono.

Considérase a ameixa fina a máis delicada de sabor, e de máis doado manexo e transformación.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio