Ameixa babosa
É a chamada Venerupis pullastra, e ten unha grande semellanza coa ameixa fina. As amas de casa, comparando prezos, inclínanse a miudo por esta ameixa e non pola fina.
A diferencia entre unha e outra, é que a “babosa” é máis pequena, ademais de outras diferencias morfolóxicas no estriado e por seren máis alongadas.
En canto ás súas cualidades coma mantenza, non se diferencia moito das ameixas finas. Velaí que as amas de casa pensen moito mercar unhas ou outras.
© OLAF – 10 de Decembro de 2002