Queixo Tetilla (D.O.)

Cecais por mor de esquecidos receios, tamén se lle chamou Perilla a este queixo que, sobor de todo, na súa forma, lembra o peito dalgunha muller nova.

Asegún a Orde de marzo do ano 1992, este queixo ten Denominación de Orixe que abrangue, xeográficamente, a totalidade da Comunidade Autónoma Galega.

É un queixo de leite enteiro, sen aditivos, de vacas saneadas das razas Rubia Galega, Frisona e Pardo Alpina. Ó leite muxido xa se lle engade o coallo. A maduración mínima do queixo é de sete días.

Ó extenderse a Denominación de Orixe a todo o territorio galego, é lóxico que nas catas de queixo, oficiais ou non, o meirande número de pezas que se presentan sexa deste queixo de Tetilla.

O seu sabor límpido, é agradable e suave. Tamén, coma nos queixos de Arzúa-Ulloa, nótase lixeiramente salgado e acedo.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio