Boi

BueyImos falar un pouquiño do Cancer pagurus L., unha sorte de cangrexo decápodo que, cós anos, pode chegar a medir vinte centímetros de longo por trinta de ancho, con tres quilos ou un pouco máis de peso: é un cangrexo “apaisado”. A súa cor vai de rosácea a parda asegún a data da última muda do seu exoesquelete.

Ten un groso caparazón lixeiramente barbulloso, e no primeiro par de patas torácicas posúe duas pinzas moi fortes e grosas. Os bois de bon tamaño viven ata os cen metros de profundidade, pero os máis pequenos atópanse nos fondos máis superficiais.

Como curiosidade direilles que os bois teñen o “machismo” mal entendido: nas mudas das femias os machos as protexen e pouco despois, se son adultos, as fertilizan; e as femias, nas mudas dos machos, os perseguen para devoralos. Xa ven vostedes como andan as cousas no eido destes decápodos.

A súa carne non chega á categoría da de centola pero é boa e apreciada. Nun salpicón uhna e outro para aló van, e o do boi gostaralles.

© OLAF – 10 de Decembro de 2002

Scroll ao inicio